Obradoiro de poesía en A Coruña con Yolanda Castaño

Yolanda Castaño

La poeta Yolanda Castaño ofrecerá en el MAC Gas Natural Fenosa, el museo de arte contemporáneo de A Coruña, un taller de poesía los miércoles de febrero, marzo y abril. La cita es de las 19:30 a las 21:30 horas. 16 horas presenciales, 8 sesiones de 2 horas cada una. El precio del taller es de 90 euros. Inscripciones abiertas hasta el 3 de febrero. El taller está enfocado al público adulto en general.

Informes:

Museo de Arte Contemporáneo
Avda. de Arteixo 171 | 15007 A Coruña | T: 981 911 476 | martes a sábado
de 11.00 a 14.00 y de 17.00 a 21.30 // domingos y festivos de 11.00 a
14.00 horas // lunes cerrado | aparcamiento gratuito | autobús urbano
número 11 | www.mac.gasnaturalfenosa.com

 

Programa:

 

1.- A CREACIÓN POÉTICA
– A autonomía do signo poético
– Un problema de ‘forma’.
– Qué define o poético?
– O xénero literario.
– Literatura e vida. Conexións e
desconexións.
– A ficción poética. O eu poético.

 
2.- A LINGUAXE POÉTICA
– A poesía como código
– A polisemia do signo poético.
– Canais para a poesía. Formatos.
Propostas interxenéricas.
– Finalidades e obxectivos da poesía.
– Lingua poética e lingua.

 
3.- POESÍA E ANOVACIÓN
– Tópicos literarios.
– Subverter a orde establecida.
– Dinamitando lugares comúns.
– Algunhas prácticas das vangardas
históricas.
– A deconstrucción lingüística.
– Discurso versal fragmentario.

 
4.- PRINCIPAIS RECURSOS POÉTICOS
– Como funcionan os recursos estilísticos.
– A metáfora. Procedemento, tipos e
prácticas.
– Outras figuras por substitución.
– A metonimia. Procedemento, tipos e
prácticas.
– Outras figuras por asociación.
– A sinestesia como fenómeno. Figuras
sinestésicas, procedemento e exercicios.

 
5.- A ELEMENTO SONORO NO POEMA
– A rima. Principais metros clásicos.
– O ritmo no poema. A puntuación. O
encabalgamento.
– Principais recursos fónicos.
– Homofonías, fonosimbolismo e aliteración.

 
6.- PRETEXTOS PARA O TEXTO
– Personaxes literarios no poema.
Tratamento e exemplos.
– A figura do interlocutor.
– Fetiche ou pretexto obxectual.
Procedemento e prácticas.
– Os silencios no poema. Elipse. Linguaxe
da suxestión.

 
7.- TEMAS E CONTIDOS
– Os temas eternos na historia literaria.
Subtemas arquetípicos.
– Tratamento do noso tema. Innovacións
temáticas e referencias culturais.
– Hai temáticas alleas ao poético?
– Construír un fío condutor.
– A narratividade en poesía. Análise e
práticas.

 
8.- DO POEMA AO POEMARIO
– Carácter unitario no conxunto de poemas.
– Explicitación de trazos cohesionadores.
– Harmonización estilística.
– Definición de obxectivos de difusión.
– Estratexias de distribución. Canles.
Este obradoiro poético de enfoque pragmático e participativo, e estruturado en oito
sesión, concibe a escrita de poesía coma un acto de coñecemento e de comunicación,
procura o vínculo coas emocións e o pracer da estética literaria. Unha maneira non só de
exercer o gusto pola literatura vivido dun xeito activo e en primeira persoa, senón de
facelo contando coa ocasión e o espazo, o impulso e o guieiro, a sistematización e a
dinámica axeitada para desenvolvelo co mellor dos rendementos.
Propoñemos pois un espazo de encontro para aqueles/as aos que lles fascina o misterio
da poesía pero que non teñen con quen compartilo nin tampouco a alguén dotado de
recursos para encarreiralo. Un obradoiro onde perfeccionar as súas composicións
poéticas afeccionadas, baixo a tutela amiga e sempre respectuosa dunha escritora
profesional de recoñecido prestixio. Unha actividade estimulante e prestosa que axudará
ao crecemento persoal e ó desenvolvemento da creatividade como valor do noso
benestar emocional e maduración intelectual.

 

 

 

También puedes leer